CROS E RUTA NA FIN DE SEMANA

CROS E RUTA NA FIN DE SEMANA

Además do Campionato de España Sub14 e do Campionato galego de cros celebráronse outras importantes carreiras ao longo e ancho da península con participación ourensanista.

Ata a localidade de Amorebieta desplazáronse os atletas Martín Míguez, Anxela Seoane e Leyla Villar para dispurat o Cros Internacional Zorontza, incluído na máxima categoría (ouro) do calendario da World Athletics.

Na carreira feminina tanto Leyla coma Anxela participaron na carreira conxunta sub18 e sub20. Leyla Villar gañou na categoría sub18 sendo segunda na conxunta mentres que Anxela Seoane foi 11ª na sub20 e 26ª na carreira conxunta. Pola súa parte, Martín Míguez correu a carreira absoluta rematando na 56ª posición.

Outra carreira destacable foi o medio maratón de Valencia onde Begoña Domínguez realizou a súa mellor marca persoal con 1:22:08 e foi a 13ª da súa categoría F35.

No eido local, disputouse a Carreira da Carballeira, última do circuito Correndo por Ourense. Na carreira absoluta masculina o mellor clasificado foi Saturnino González sendo o 10º clasificado, o que lle serviu para gañar na categoría Máster C. Nas mulleres tivemos a vitória de Uxía Rodríguez cun tempo de 00:23:19, carreira na que Ana Isabel Soutullo rematou terceira a un minuto de distancia da gañadora, gañando na categoría Máster A.

Na carreira sub14 e sub16 tivemos dobrete masculino con Walid el Mansouri gañando a carreira sub14 con 00:06:58 e Fernando Trapote gañando a sub16 con 00:07:01; así como en mulleres con Aloia Sabucedo gañando a sub16 con 00:07:50 e Sheila Varela a sub14 con 00:08:19.

Tamén na carreira sub10 e sub12 gañou Aroi Fernández na categoría sub12 cun tempo de 00:03:46 e na sub10 Antón Rodríguez foi segundo con 00:04:12. En categoría feminina Noa Salgado gañou a carreira sub10 con 00:04:19 e a mellor sub12 foi Aldara Blanco cun 6º posto parando o crono en 00:05:14.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

69 CROSS INTERNACIONAL ZORNOTZA

32º Medio Maratón Valencia Trinidad Alfonso Zurich 2023

Correndo x Ourense A Carballeira

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.