22 Oct BRONCE NO GALEGO DE CROS POR EQUIPOS
O equipo masculino do Club Ourense Atletismo logrou na vila de Foz o bronce no Campionato Galego de Cros por equipos na categoría absoluta despois dunha fantástica actuación dos nosos atletas.
O equipo conformado por Rubén Diz, Juan Cacharro, Javier Paredes, Alejandro Cadaya, Enrique Martínez, Alejandro López e Miguel Ángel Álvarez logrou o trofeo de bronce quedando a tan só dous puntos do ADAS O Barco.
Os mellores resultados individuais foron os de Rubén Diz e o de Juan Cacharro, quedando en cuarta e sétima posición respectivamente, con tempos de 27:13 e 27:39.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Sorry, the comment form is closed at this time.