AS SUB16 COMPITEN NA FINAL B

AS SUB16 COMPITEN NA FINAL B

O equipo sub16 feminino do Club Ourense Atletismo competiu na final B do Campionato de España de Clubs sub16 celebrándose a competición do grupo 3 nas pistas de Monterrei, no Pereiro de Aguiar.

Tras varias baixas sufridas que nos fixeron deixar tres probas en vacío, o club logrou un total de 8.597 puntos por táboa húngara (modelo en que se fai a clasificación neste campionato, valorando con isto o nivel de cada marca). O resultado non foi suficiente para saír da séptima e última praza do grupo, pero quedar a menos de 650 puntos da marca do noso estadillo a pesar deses tres ceros, mostra o compromiso do resto de atletas. Só podemos felicitar ás rapazas que competiron e foron collendo táboas nas competicións nacionais de clubs, ás que o Club Ourense Atletismo traballa fortemente acudir e está obtendo bos resultados dende a categoría sub14 á absoluta.

En canto ás actuacións individuais, destacar a Lara Vázquez como segunda clasificada na lonxitude cun mellor salto de 4.77, a Yubenny Jiménez quen nos 300 metros tamén quedou en segunda posición cun rexistro de 44.92 e a Aloia Sabucedo que quedou terceira no 1500 obstáculos con 5:49.58. María Estévez, do noso filial Ames, logrou vitória para o noso club cunha marca de 1:44.68 no 600 lisos, ao igual que Susana Padrón nos 3000 con 11:15.74.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campeonato de España de Clubes Sub16 – Final B3 Mujeres

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.