04 May ANDREA REIJA GAÑA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE COMBINADAS POR FEDERACIÓNS
O equipo galego, integrado pola ourensanista Andrea Reija, Xoel Otero, Lucía Sánchez del Valle, Gerson Vidal Izaguirre, Martina Gutiérrez, e o atleta sub20 do filial Xuncas Diversia, Jesús Arias, sumou un total de 24.434 puntos.
Andrea Reija foi a mellor representante galega tras lograr unha brillante terceira posición con 5.243 puntos. A lucense, nun excelente estado de forma, só se viu superada pola campioa de España Andrea Medina e pola catalana Rovira. Reija destacou, ademais, coa súa vitoria na proba dos 100 metros valos.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Campeonato de España de Pruebas Combinadas por Federaciones Autonómicas

Sorry, the comment form is closed at this time.