ANDREA REIJA GAÑA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE COMBINADAS POR FEDERACIÓNS

O equipo galego, integrado pola ourensanista Andrea Reija, Xoel Otero, Lucía Sánchez del Valle, Gerson Vidal Izaguirre, Martina Gutiérrez, e o atleta sub20 do filial Xuncas Diversia, Jesús Arias, sumou un total de 24.434 puntos.

Andrea Reija foi a mellor representante galega tras lograr unha brillante terceira posición con 5.243 puntos. A lucense, nun excelente estado de forma,  só se viu superada pola campioa de España Andrea Medina e pola catalana Rovira. Reija destacou, ademais, coa súa vitoria na proba dos 100 metros valos.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campeonato de España de Pruebas Combinadas por Federaciones Autonómicas

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.