Atletas destacadas

Atletas do club participantes en campionatos internacionais ou campionatos nacionais absolutos:

CARMEN ESCARIZ

Atleta da Estrada (Pontevedra) con moita relación con Ourense, xa que durante boa parte da súa carreira estivo baixo a supervisión do adestrador do Club Ourense Atletismo Javier Vázquez. Na tempada 2023 trasládase a Madrid para adestrar no CAR da Residencia Joaquín Blume. É especialista en marcha atlética, disputando desde os 10 ata os 35km.

Carmen participou en tres campionatos internacionais dende 2016:

- Roma IAAF World Race Walking Team Championships, 2016. Disputou os 10km en 51:38 quedando na 38ª posición.
- World Athletics Race Walking Team Championships en Muscat, 2022. Afrontou a carreira dos 35km pero tivo que retirarse poucos kilómetros antes de chegar a meta. A selección española foi 2ª.
- European Race Walking Team Championships en Poděbrady, 2023. Na cidade checa marchou os 20km en 1:35:42 e rematando en 20ª posición, sendo 4ª por equipos.

O seu mellor resultado nun Campionato de España absoluto foi 5ª no 2021. Esta atleta, nacida no ano 1998, ten todavía moita carreira deportiva por diante, tanto nos campionatos internacionais como nas probas de pista onde se realizan distancias máis curtas, sendo nos campionatos de clubs carreiras de 5000 metros e onde Carmen é un valor seguro para o noso equipo.

Yiset Magali Jiménez

A atleta colombiana pasa gran parte do ano pola península ibérica é unha das grandes fichaxes do Club Ourense Atletismo para intentar o ascenso á 1ª División no 2023. A lanzadora de xavelina nacida no ano 2000 ten unha marca persoal de 59.24 metros feita no 2022 en Vila Nova da Cerveira.

Yiset participou nos seguintes campionatos internacionais:

- Nairobi IAAF World U18 Championships, 2017. Nesta ocasión quedou 6ª na súa clasificatoria cun lanzamento de 47.56 coa xavelina de 500gr.
- Campionato Iberoamericano, 2022 en La Nucía, Alicante. Quedou na 8ª posición cun mellor lanzamento de 52.98.

Foi, ademáis, campioa de Colombia desde as categorías sub18 ata a sub23.

Blanca Pereira Rubín

Blanca Pereira

A martelista ourensá adestrou ás ordes de Julio Fernández ata o seu traslado ao CGTD de Pontevedra, onde pasou a ter ao internacional Frank Casañas como mentor. Como é normal, aínda se lle pode ver con moita frecuencia adestrando en Ourense, tanto no módulo dos Remedios como nas pistas de Monterrei.

Blanca participou no 2022 no Campionato de Europa sub18 en Xerusalén. Competindo co artefacto de 3kg, clasificouse na eliminatoria cun lanzamento de 61.89 e na final quedou 11ª cun mellor lanzamento de 57.87.

Foi campioa de España de lanzamentos longos sub18 no 2022 e campioa de España sub16 no 2020. No 2022 tamén quedou séptima no Campionato de España Absoluto. A súa mellor marca co artefacto absoluto é de 56.10 metros, feita no Campionato de España de Clubs celebrado en Xixón no 2022. Non pode haber mellor exemplo do seu compromiso co club.

Edymar Brea

A atleta internacional está por segunda ocasión no Club Ourense Atletismo despois da súa experiencia no Ada Calviá.

Con marcas impresionantes en toda proba de fondo, destaca en 5.000 e 10.000, con 15'47`` na primeira distancia e 32'16`` nos 10K en ruta.

Foi campioa sudamericana en 5.000 e 10.000 no ano 2021 na edición disputada en Guayaquil (Ecuador).

María José Salmerón

Atleta de gran experiencia e cunha ampla traxectoria da que destacamos:

- MMP 60m.l.: 7``72
- MMP 100m.l.: 12``01
- Campioa de España Master en 60m.l. en 2023
- Subcampioa de España universitaria en 100m.l. en 2015
- Recordwoman da Región de Murcia en 60 e 100m.l desde 2011 ao 2016

Larraitz Bergara

Afincada desde fai xa máis dun par de anos en Ourense por motivos profesionais, Larraitz é unha apaixoada do atletismo onde acumula non só experiencia como traumatóloga e médico do equipo nacional senón tamén un envexable palmarés como deportista:

- ⁠Campioa de España sub18 en Altura e 400mv
- ⁠Campioa de España Sub20 en 400mv
- ⁠Campioa de España Sub23 en 400ml PC e 400mv
- ⁠6 veces Internacional con España
- ⁠8 veces Finalista do Campionato de España Absoluto en 400mv

Logo dnu parón na actividade deportiva, retoma con moitas ganas de aportar ao club coa súa experiencia e empurrar na pelexa polo ascenso,

Cristina Ferrándiz

Velocista catalá que provén do Adas Cupa.

Campioa de España en varias ocasións en categorías menores en 200m, así como medallista autonómica nas diferentes probas de velocidade (60,100,200 y 400).

Bronce nacional absoluto en P.C en 2013 en 200m.

Mellores marcas persoais:
- 60m: 7``66
- 60mv: 9``54
- 100m: 12``14
- 100m.v: 15``50
- 200m: 24``58
- 400m: 57``04
- 400m.v: 1'04``18

Isamar Mata

Atleta venezolana todavía en categoría sub23 afincada en Madrid onde reside e adestra.

Un portento que xa ven destacando desde categorías menores como mostra o seu 3º posto nos xogos escolares suramericanos de 2017 con 5.43 💪💪.

En 2022 conseguiu as que son as súas MMP:

100m.: 12.20
Loxitude: 5.71

Alejandro Fernández

Volta a casa dun absoluto coñecido no mundo do atletismo: Alejandro Fernández.

Gañador en varias ocasións da Carreira Popular do San Martiño, destaca no seu currículo a medalla de bronce nos 5000 metros do Campionato de España Absoluto do ano 2003.

Estando agora máis centrado na ruta, Alejandro segue a ser un referente para o Club Ourense Atletismo e o conxunto do atletismo ourensán e galego.