TRES MARCAS PERSOAIS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIÓNS SUB16

Tres ourensanistas participaron no Campionato de España por Federacións Sub16 nas pistas de Monterrei. Resultado fantástico para os nosos atletas, con tres marcas persoais e unha medalla de bronce.

Naia Bermejo en triplo saltou 10.67 no seu segundo intento, rematando na segunda posición. Angel Araújo saltou 1.78, o que lle valeu para quedar en quinta posición, a tres centímetros das medallas. Mario Casal realizou un mellor lanzamento de 14.99 metros, co que quedou en terceira posición a tan só sete centímetros de igualar a marca da prata.

A selección galega masculina rematou na cuarta posición con 227 puntos, a catro do bronce, mentres que a feminina foi sexta con 210.5 puntos.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campeonato de España de Atletismo sub-16 e inclusivo por selecciones autonómicas

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.