ÉXITO NO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

Éxito total no Galego de Marcha en  Ruta ao conseguir a nosa representación tres mellores marcas persoais, dúas medallas e dúas mínimas nacionais.

Nunha soleada mañán na localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal, as nosas atletas Icía,  María e Sheila lograron moi bos resultados que detallamos a continuación:

– Icía Ares: 1ª sub18 e 4ª absoluta con 56:58 MMP e mínima nacional.
– María Grande: 2ª F45 e 8ª absoluta con 62:26 MMP.
– ⁠Sheila Varela: 6ª sub16 con 29:21 MMP e mínima nacional.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campionato Xunta de Galicia de Marcha en ruta

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.