CATRO MEDALLAS NO GALEGO SUB16

CATRO MEDALLAS NO GALEGO SUB16

Catro medallas é o botín do Club Ourense Altetismo no Campionato de Galicia sub16 celebrado en Pontevedra.

Ademáis dos Campionatos de España tivemos tamén participación do club no campionato galega celebrado esta fin de semana. A participación foi de dez atletas, dos que Manuel Eirín conseguiu dúas medallas e Javier Cid Gabriel Parga unha cada un.

Manuel Eirín gañou o ouro na xavelina de 600 gramos cun mellor lanzamento de 47.68 e foi segundo no lanzamento de disco de 1kg con 43.96. Javier Cid gañou en lanzamento de martelo de de 4 kg con 57.66, sacándolle máis de 14 metros ao segundo clasificado. Nas carreiras, Gabriel Parga obtivo a prata nos 300 valos con 44.13.

O mellor resultado feminino foi o de Claudia Pérez con 3:17.12 nos 1.000 metros, que lle valeron para obter a cuarta praza.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campionato Xunta de Galicia sub-16

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.