TRES CAMPIONATOS DE ESPAÑA NA FIN DE SEMANA

TRES CAMPIONATOS DE ESPAÑA NA FIN DE SEMANA

Tres campionatos de España con once participacións en total déixanos un intenso fin de semana a nivel competitivo. A nivel absoluto participaron Blanca Pereira, Manuela Blanco Alba Martínez no Campionato de España por Federacións Autonómicas, na categoría sub18 foron Icía AresNaroa Pereira quenes tomaron parte no Campionato de España sub18, e os máster tiveron o seu evento no Campionato de España Máster, coa participación de Javier DomínguezBlanca de VerasteguiTania Valverde, Cristina FerrándizBegoña Gómez e o relevo 4×100 feminino.

No Campionato de España de Federacións AutonómicasBlanca rematou en sétima posición no lanzamento de martelo cun mellor lanzamento de 53.36, Manuela  foi quinta en pértega cun mellor salto de 3.70, moi meritorio tendo en conta o vento existente, e Alba rematou en sexta posición no triplo cun mellor intento de 12.31, que sería a súa mellor marca persoal pero o vento de +4.1 m/s non permite validado para récords nin mínimas.

No Campionato de España sub18 a nosa atleta Icía Ares rematou en undécima posición nos 5.000 marcha cun rexistro de 27:03.49, mentres que Naroa Pereira foi sexta na súa semifinal dos 1.500 metros, con 5:00.93.

No Campionato de España Máster, Javier conseguiu a medalla de bronce en xavelina (700 gr.) M50 grazas ao seu mellor lanzamento de 44.28, Cristina obtivo o récord dos campionatos  co seu triunfo en 100 metros F35 con 12.48 e foi prata nos 200 F35 con 26.53; Blanca conseguiu a sexta praza nos 400 F35 con 1:04.35 e Begoña foi cuarta nos 800 F35 con 2:23.80 e bronce nos 1.500 F35 con 4:54.95; Tania gañou a lonxitude F35 con 5.62 e finalmente o relevo 4×100 F35 tamén gañou o ouro cunha marca de 51.00. Este relevo estivo formado por Blanca de VerasteguiMaría José SalmerónCristina Ferrándiz Tania Valverde.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

IL Campeonato de España de Federaciones Autonómicas
LXXIII Campeonato de España Sub-18
Campeonato de España Master Aire Libre

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.