13 May QUINTA POSICIÓN PARA OS MASTER
Quinta posición para os máster no Campionato Galego de Clubs de Veteráns. Pola mañán do domingo, tras a competición da canteira cos sub16 e ao mesmo tempo que os sub20, chegou o momento dos veteráns. Nesta categoría o Club Ourense Atletismo presentou equipo masculino e rematou nun meritorio quinto posto nunha xornada de gran confraternización.
Os 47 puntos obtidos permitiunos estar por riba da Purísima por 10 puntos e quedar a escasos tres puntos do Narón e a 9 do Marineda que marcaba a entrada no podio con 66 puntos.
A única vitória obtida (tendo en conta a compensación por idade) foi a de Saturnino González nos 2.000 obstáculos con 7:28.59, pulverizando o seu propio récord galego.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Sorry, the comment form is closed at this time.