QUINTA POSICIÓN NO SUB16 DE CLUBS EN HOMES E MULLERES

QUINTA POSICIÓN NO SUB16 DE CLUBS EN HOMES E MULLERES

Quinta posición para o Club Ourense Atletismo tanto en homes coma en mulleres no Campionato Galego de Clubs celebrado o sábado 11 na Coruña.

O día previo aos campionatos sub20 e ao de veteráns, tocoulle o turno aos sub16. O noso club logrou un dobre quinto posto, que sería triple se contamos coa clasificación conxunta. En homes quedaron a tan só tres puntos da cuarta praza do Riazor e 16 do Sada, mentres que as mulleres xa a dezaseis das cuartas, tamén do club Riazor Coruña. Na clasificación conxunta quedamos a dezanove puntos do Riazor e a trinta do cuarto posto do Sada. Fomos o mellor equipo da provincia en ambas categorías, con 79 puntos sobre o ADAS na conxunta e 116.5 sobre a Purísima.

A nivel individual destacar en homes os primeiros postos de Javier Cid en martelo (4kg.) cun mellor lanzamento de 56.24 e de Manuel Eirín en xavelina (600gr.) con 48.40. Magnífico o traballo no sector de lanzamentos dos adestradores Javier Cid e Julio Fernández. En mulleres a única vitória foi a de Carla Allegue do noso filial Xunca Diversia nos 100 valos cun rexistro de 15.51.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

XL CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE CLUBS SUB 16

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.