José Benito Gómez non puido desta vez rematar a súa participación no Campionato de España de maratón absoluto e máster celebrado o 15 de marzo en Barcelona. Habitual desta competición e medallista no pasado, esta vez non acompañou o corpo nesta dura proba, malas boas sensacións...

O Campionato de España sub18 celebrado en Antequera deixou moi bos resultados para o Sanysec - Ourense Atletismo. Aitana Capeáns foi a única participante capaz de superar a barreira dos 14 metros e, no seu quinto intento, enviou o peso ata os 14.79 metros, unha marca que...

Fantásticos resultados do Sanysec - Ourense Atletismo no Campionato de España Sub16 de Pista Curta. Destacar a medalla de prata de Mario Casal como mellor resultado a nivel individual. Participaron tamén Naia Bermejo, Lucía Quitnas e Ángel Araújo. Mario Casal rematou na segunda posición facendo marca persoal con 14.72 metros....

Se ben o Campionato Galego Absoluto centrou a actividade atlética galega, o Sanysec - Ourense Atletismo tivo presenza en máis campionatos ao redor da xeografía española. No Campionato de España de Marcha sub-20 por Federaciones Autonómicas, África Carrasco foi a terceira cun tempo de 50:40 nos 10...

O equipo sub18 logrou o bronce no Campionato de España de Cros pro equipos celebrado con motivo do Cros de Atapuerca. O equipo conseguiu o bronce na distancia de 3.895 metros grazas á vitoria de Sabela Castelo con 13:58, o 15º de Naroa Pereira con 14:52, o 40º de Susana...

O Ourense Atletismo rematou na oitava posición no Campionato de España Sub20 celebrado nas pistas de Vallehermoso en Madrid. Os 59 puntos conseguidos quedaron lonxe do podio pero mostraron o nivel competitivo ao estar a tan só un punto das sétimas e seis da sexta praza. A nivel...

Bertamiráns acolleu o Campionato de España de 5K máster e foi Begoña Domínguez a nosa maior alegría ao acadar o segundo posto na categoría F40. Tamén participou Saturnino González que conseguiu un meritorio sexto posto en categoría M60. Nunha edición do campionato marcada pola chuvia, Begoña realizou unha marca de...

Catro representantes do Club Ourense Atletismo estiveron no Campionato de España absoluto celebrado en Tarragona. O crecemento do club vese reflexado nunha cifra de representación que non se vía dende hai anos. Os resultados trouxeron tanto alegrías coma penas, xa que malia obter dous postos de finalistas...

No Campionato de España sub20 celebrado en Villafanca de los Barros, Badaxoz, participaron catro atletas do noso club. A actuación máis destacada foi a de Manuela Blanco, quen se proclamou campioa de España en pértega. O representante masculino foi Daniel Villanueva, quen cun mellor lanzamento de 50.68 terminou en décimo...

Claudia Pérez e Paula Carrión participaron no Campionato de España sub16 celebrado en Xixón os días 12 e 13 de xullo. Claudia participou nos 3.000 lisos nunha final directa onde quedou 17ª cunha marca de 11:34.45. A atleta estivo aguantando no grupo principal a maior parte da carreira...