O Ourense Atletismo conseguiu dous bronces no Campionato Galego de Clubs sub14. Espectacular a tempada que están a facer na Escola de atletismo do noso club, que se ve especialmente recompensada na categoría dos máis maiores, con algúns dos atletas adestrando xa nos grupos avanzados. Ambos os dous...

7 podios do Ourense Atletismo no Campionato Galego Sub14 ao conseguir cinco medallas individuais máis os dous primeiros postos no relevo. Marcos Abeso lograría tres medallas ao colgarse o ouro dos 150 metros con 19.73, a prata nos 80 metros lisos con 10.65 e participar no relevo 4x80....

Alba Martínez e o relevo 4 x 4 feminino tamén foron medalla No Campionato Galego Absoluto celebrado en Vigo desfrutamos dunha nova vitoria de Blanca Pereira no lanzamento de martelo cun mellor lanzamento de 54.21 co artefactod e 4 kilos. Tivo un bo concurso con lanzamentos de distancias...

Nove medallas conseguidas no Galego Sub18, nove se contamos por catro as do relevo. Nunha categoría chave, onde os atletas comezan a destacar nas súas marcas a nivel absoluto, a saúde do Club Ourense Atletismo é boa, tal e como se viu no campionato. As medallas foron conquistadas...

No Campionato Galego Sub10/12 conseguimos traernos catro medallas a Ourense, sete se contamos individualmente as do relevo. O sábado 8 disputouse na Coruña o campionato galego dos máis pequenos, onde se ben a competición queda nun segundo plano, non deixa de ser motivo de alegría a...

20 medallas no Galego master desputado en Vigo este domingo. Impresionante a actuación dos nosos atletas veteráns. Destacar os dobretes con ouro de Antonio Touza no 400 e no 800, de Eva Castro tamén nos 400 e 800 e de Begoña Domínguez nos 800 e 1500 metros. Os resultados en...

Quinta posición para os máster no Campionato Galego de Clubs de Veteráns. Pola mañán do domingo, tras a competición da canteira cos sub16 e ao mesmo tempo que os sub20, chegou o momento dos veteráns. Nesta categoría o Club Ourense Atletismo presentou equipo masculino e rematou nun...

Campioas femininas e oitavo posto masculino no Campionato Galego de Clubs sub20. Ao día seguinte dos sub16 e ao mesmo tempo que os máster, tocoulle o turno á categoría previa aos sénior, tendo en conta a ausencia de campionatos de clubs sub23. As rapazas quedaron primeiras con...

Quinta posición para o Club Ourense Atletismo tanto en homes coma en mulleres no Campionato Galego de Clubs celebrado o sábado 11 na Coruña. O día previo aos campionatos sub20 e ao de veteráns, tocoulle o turno aos sub16. O noso club logrou un dobre quinto posto, que...

O Ourense Atletismo conseguiu o subcampionato galego en mulleres e a oitava posición en homes no Campionato Galego de Clubs Absoluto. Boa competición tanto das mulleres como dos rapaces. No cadro feminino quedamos a tan só tres puntos do campión, a Gimnástica de Pontevedra, superando por 23.5 puntos ao Ría Ferrol. Ao...