Hugo Casañas non tivo o seu mellor día e rematou quinto no lanzamento de disco. Non puido conseguir as dúas medallas ás que aspiraba no Festival Olímpico da Xuventude en Sjkope. O seu rexistro se 57.45 estivo un pouco lonxe da súa mellor marca, 64.51. A...

Hugo Casañas conseguiu a medalla de prata no lanzamento de peso no Festival Olímpico da Xuventude celebrado en Sjkope. O Festival Olímico da Xuventude (FOXE) é o maior evento continental de categoría su18. Hugo finalizou en segunda posición a tan só un centímetro da vitoria, que foi para o bosnio...

Sabela Castelo consegue a medalla de prata no Campionato Iberoamericano sub18 na proba dos 3.000 metos. É a segunda medalla que conseguen atletas do Club Ourense Atletismo despois da de Icía Ares. Coa súa marca de 9.40.04 acariñou a vitoria, que foi para a arxentina Saray Pernia con 9.39.61, menos dun...

Icía Ares venceu a proba dos 5.000 metros marcha ao grande, establecendo un novo récord do Campionato Iberoamericano Sub18. Na cidade paraguaia de Luque competiu a atleta do Club Ourense Atletismo, partindo coa sexta mellor marca das inscritas con 25:15.30. Unha espectacular carreira na que baixou máis...

Iria Solera, Manuela Blanco, Blanca Pereira e Yiset Magali Jiménez foron as catro participantes do Club Ourense Atletismo no Campionato de España de Federacións Autonómicas. As nosas atletas contribuíron coas súas marcas á sexta posición acadada pola selección galega. Iria Solera foi sétima con 1.70, Manuela Blanco sexta con 3.60, Blanca Pereira cuarta...

Claudia Pérez e Paula Carrión participaron no Campionato de España sub16 celebrado en Xixón os días 12 e 13 de xullo. Claudia participou nos 3.000 lisos nunha final directa onde quedou 17ª cunha marca de 11:34.45. A atleta estivo aguantando no grupo principal a maior parte da carreira...

Na mesma semana que o Campionato de España sub18 celebrouse o Campionato de España sub23, con varias atletas ourensanistas e onde destacou Blanca Pereira, campioa de España. Blanca venceu o martelo cun mellor lanzamento de 58.15, sacándolle pouco máis dun metro á segunda posición de Ainhoa Gimeno (57.10)....

Magnífica actuación dos atletas do Club Ourense Atletismo no Campionato de España sub 18 celebrado en Castellón. O balance total é de cinco medallas e un récord de España, sen desmerecer a competitividade do resto de altetas. Os seus resultados foron os seguintes: - Hugo Casañas foi...

O Campionato galego sub20 celebrado en Santiago deixou unha morea de medallas para o Ourense Atletismo. Ningunha medalla foi de ouro, o que non desmerece a actuación do conxunto de atletas. En homes, Matías Regueiro rematou en terceira posición nos 3.000 metros obstáculos cunha marca de 10:15.37; en...

O Ourense Atletismo conseguiu un total de trece medallas no Campionato de Galicia de Atletismo. Santiago acolleu unha calorosa xornada, positivo para as probas explosivas e perxiducial para as de resistencia. O resultado para o noso club foi altamente satisfactorio, con total de trece medallas, sendo sete de...