Dende o Club Ourense Atletismo queremos transmitir as nosas condolencias á familia e amizades de Emilia Mesa, Miliki, que faleceu hoxe. O velatorio será o mércores 22 de 11 da mañán ás 6 da tarde no tanatorio As Burgas.   [caption id="attachment_6761" align="aligncenter" width="334"] Foto de archivo[/caption]...

Bertamiráns acolleu o Campionato de España de 5K máster e foi Begoña Domínguez a nosa maior alegría ao acadar o segundo posto na categoría F40. Tamén participou Saturnino González que conseguiu un meritorio sexto posto en categoría M60. Nunha edición do campionato marcada pola chuvia, Begoña realizou unha marca de...

Alejandro López Silva rematou quinto no Campionato de Europa Máster que se está a celebrar en Madeira. Participou na proba dos 3.000 obstáculos e parou o crono en 10:06.95. Alejandro estivo metido no grupo cabeceiro ata a parte final da carreira, e quedou finalmente a seis segundos...

Naia Bermejo e Claudia Pérez participaron na cidade alicantina de La Nucía no Campionato de España por Federacións Sub16. Ambas competiron o sábado pola tarde, sendo a primeria Naia, quen no salto con pértega quedou en quinta posición cun mellor salto de 2.77. A atleta foi a primeira do seu...

Fernando Ojea foi subcampión galego de milla categoría M55 no Campionato Xunta de Galicia de Milla e 1K celebrado o 6 de setembro na Lourenzá. Fernando correu en 05:41.1, facendo unha media de 3:32 o km. Na súa serie (maiores de 50) quedou en novena posición. Podes...

Xullo foi momento de campionatos nacionais e internacionais e plasmaron a enorme proxección deste club, con vintedúas medallas nacionais máis tres nacionais no que vai de 2025. Deixamos o listado de medallas: Medalleiro nacional individual Ouro Prata Bronce Total Máster 2 3 2 7 Senior Sub23 1 1 Sub20 1 1 Sub18 9 2 2 13 Sub16 Sub14 Sub12 Sub10 13 5 4 22 28 a 02/02 a 03/2025 CAMPEONATO DE ESPAÑA DE LANZAMIENTOS LARGOS DE INVIERNO -1º...

Catro representantes do Club Ourense Atletismo estiveron no Campionato de España absoluto celebrado en Tarragona. O crecemento do club vese reflexado nunha cifra de representación que non se vía dende hai anos. Os resultados trouxeron tanto alegrías coma penas, xa que malia obter dous postos de finalistas...

No Campionato de España sub20 celebrado en Villafanca de los Barros, Badaxoz, participaron catro atletas do noso club. A actuación máis destacada foi a de Manuela Blanco, quen se proclamou campioa de España en pértega. O representante masculino foi Daniel Villanueva, quen cun mellor lanzamento de 50.68 terminou en décimo...

Hugo Casañas non tivo o seu mellor día e rematou quinto no lanzamento de disco. Non puido conseguir as dúas medallas ás que aspiraba no Festival Olímpico da Xuventude en Sjkope. O seu rexistro se 57.45 estivo un pouco lonxe da súa mellor marca, 64.51. A...

Hugo Casañas conseguiu a medalla de prata no lanzamento de peso no Festival Olímpico da Xuventude celebrado en Sjkope. O Festival Olímico da Xuventude (FOXE) é o maior evento continental de categoría su18. Hugo finalizou en segunda posición a tan só un centímetro da vitoria, que foi para o bosnio...