Próximas Citas Atléticas.

Próximas Citas Atléticas.

Presentase unha breve pausa para coller algo de folgos, de tal xeito que iste próximo fin de semana, teremos os ollos postos en duas probas atléticas.

O sábado O Club Atletismo Fontes do Sar e o Departamento Municipal de Deportes do Concello de Santiago coorganizan, coa colaboración especial do Multiusos Fontes do Sar – Complexo Deportivo Santa Isabel, e o control técnico do comité galego de xuíces da Federación Galega de Atletismo: A 4ª carreira nocturna SANTYAGO 10K descorre sobre unha distancia homologada de 10km en ruta, e levarase a cabo ás 22:00 horas. A inscrición realizarase a través da pasarela de pago insertada na páxina web oficial do evento:http://www.santyago10k.es, operativa ata as 23:59 horas do domingo 22 de Abril.

 

Horario     Inscripciones

 

A segunda das probas será a décima edición da Carreira Popular de Monforte. A Concellería de Deportes do Concello de Monforte de Lemos é que a organiza e terá lugar o 29 de abril.

A inscrición é gratuita en tódalas categorías. As incricións para participar tanto na carreira absoluta como nas carreiras de categorías menores, faranse a través da plataforma on-line www.championchipnorte.com.

O peche das inscricións será o xoves 26 de abril.

A saída e a meta de tódalas carreiras será na Compañía.
  • Carreira Absoluta:consiste en percorrer unha distancia de 7 Km. dando dúas voltas a un circuito de 3.500mts.
  • Categorías Menores:
  • Categoría mini: percorrido de 80 mts.
  • Categorías A e B: percorrido de 700mts.
  • Categoría C: percorrido de 1.300mts.
  • Categoría D e E: 2.000mts.
 
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.