Circuito Carreras Correndo x Ourense 2018.

Circuito Carreras Correndo x Ourense 2018.

 

O VIII Circuito de Carreiras Correndo por Ourense  abriu xa o período de inscripcions, consta de seis probas, dende o mes de abril ata octubro deste ano. A nosa entidade colabora na proba da Ponte.

Na páxina web de Champion Chip pódese consultar todala documentación sobre o Circuito.

O CMD organiza coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Deportivo Aurum, o Club Ourense Atletismo e a Asociación de Veciños Carlasca, o VIII Circuíto de Carreiras Populares de Ourense “Correndo por Ourense” en diferentes localizacións do Concello de Ourense.

 Data e Lugar
O Circuito “Correndo por Ourense” está integrado por 6 carreiras:

1ª DOMINGO 22/04/2018   CARREIRA DO VINTEÚN
2ª SÁBADO 26/05/2018      CARREIRA DO COUTO  (nocturna)
3ª DOMINGO 24/06/2018  CARREIRA DO CENTRO
4ª DOMINGO 09/09/2018  CARREIRA DA ZONA UNIVERSITARIA
5ª DOMINGO 30/09/2018  CARREIRA DA PONTE
6ª DOMINGO 21/10/2018   CARREIRA DA CARBALLEIRA

Estas probas pertencen ó calendario da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense). É preciso participar en 5 carreiras para entrar na clasificación xeral ou, en caso de participar en todas, desestimarase o peor resultado.

As categorías son as seguintes:
PITUFOS 2011 E POSTERIORES
Sub-10    2009 / 2010
Sub-12     2007 / 2008
Sub-14     2005 / 2006
Sub-16     2003 / 2004
Sub-18     2001 / 2002
Sub-20     1999 / 2000
Sub-23      1996/ 1997 / 1998
SENIOR 1995  ATA Máster
Máster A DE 35 A 44 anos
Máster B DE 45 A 54 anos
Máster C DE 55 A 64 anos
Máster D MAIORES DE 65

 

Inscripciones   Reglamento

As inscricións realizaranse no enlace anterior, facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.
É imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes.
O prazo para inscribirse no Circuíto para todos os participantes comezou o día 14 de Marzo e remata o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba.

A inscrición para a primeira carreira do circuíto na que se inscriba ten un custe de 7€ para as categorías sub-20, sub-23, senior e máster, para as demais categorías será gratuíta.Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.

A inscrición e o dorsal serán únicos para todo o Circuíto, por tanto, o atleta debe conservar o dorsal en boas condicións. Deste xeito os atletas inscritos nalgunha carreira do Circuíto quedan automáticamente inscritos para todas as restantes.

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.