Próximas Probas.

Próximas Probas.

Os días 7 e 8 de Abril terá lugar o IV Campionato de Galicia de clubs de probas combinadas (sub16 ata absoluto) e o XIV Campionato de Galicia Máster de probas combinadas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Pontevedra). O evento está organizado pola Federación Galega de Atletismo a través da súa delegación en Pontevedra. Poderán participar todos aqueles equipos masculinos ou femeninos que inscriban un mínimo de 3 atletas en cada sexo. As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 20:00 horas do martes 3 de abril.

 
 
 
O sábado no Barco de Valdeorras vaise facer un control de marcas para as categorías de Sub-16 en diante. As inscripcións faranse na pagina web da RFEA ata as 23:00 horas do mércores 04 de abril.
 
 
 
Xa na xornada do domingo a Federación Galega de Atetismo, organiza o día 8 de Abril nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva o IIº Trofeo Escola de Marcha atlética da Deputación de Pontevedra, coa colaboración da Delegación da FGA en Pontevedra e a Escola de Marcha da Deputación de Pontevedra. As inscricións realizaránse a través do sistema online na web da RFEA  ata ás 20:00h do martes dia 3 de Abril.  
 
 
A Federación Galega de Atletismo e o Clube Atletismo Santiago organizan, co patrocinio do Concello de Santiago de Compostela, o Campionato de Galicia de Milla en Ruta absoluto e das categorías sub 18, sub 20, sub 23 e de máster, así como o Campionato de Galicia de 1 km en ruta das categorías sub 10 sub 14 e sub 16  a partir das 10:00 horas da mañá, na Praza de Galicia de Santiago de Compostela, ca celebración paralelamente, da I Milla Urbana “Portas de Compostela”.
 
 
 
 
O club de corredores Vig-Bay organiza o XIX Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay o próximo domingo día 8 de abril. É unha carreira cun recorrido urbano e interurbano de 21.097,50 metros, será de libre acceso a inscribirse y participar para todalas persoas, que o desexen e que teñan 18 anos o ano da proba, federadas ou non, ata un máximo de 5.000 corredores. O circuito está homologado pola RFEA, estando indicados todolos puntos kilométricos cunha bandeira señalizadora. A maneira de inscribirse; por Internet a través da páxina Web do evento www.vig-bay.com ou nas oficinas do Club de Corredores Avd. Beiramar 27-1 de Vigo, ata o 28 de marzo de 2018.
 
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.