Competicions do Próximo Fin de Semana.

Competicions do Próximo Fin de Semana.

 A Federación Galega de Atletismo organiza o sábado 24 de febreiro na Pista Cuberta de Expourense o LXI Campionato de Galicia Sub-18 e o XL Campionato de Galicia Sub-20 de pista cuberta (agás 1500 e 3000). As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 20:00 horas do martes 20 de febreiro.
Existe a seguinte limitación nas probas na categoria xuvenil: Só poderán participar nun máximo de dúas probas. En caso de participar en duas carreiras só poderá realizarse unha de mais de 200mts. Esta competición será en doble xornada de mañá e tarde.
 
 
 
 
O sábado 24 de febreiro a partir das 16:00h no Campo do Souto en Padrón cunha distancia dende os 100 mts. a os 10 km o Concello de Padrón organiza a XVI 10k de Padrón.

O prazo de inscrición de participantes  pecharase o mércores 21 de febreiro ás 23:59 h. As inscricións en todas as súas categorías realizaranse na web www.emesports.es. Será en xornada de tarde comenzando coas carreiras dos máis pequenos os pitufos as 16:00 horas e rematando as 17:30 coa carreira homologada de 10 km para as categorías sub-20 en diante.

 
 
  
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.