22 Ene Otras Citas del Fin de Semana.

A Delegación Lucense de atletismo co patrocinio da Deputación de Lugo,organiza a 1ªXornada da Copa Deputación de Lugo en pista cuberta, o sábado 27 de xaneiro, en xornada de mañá e tarde, no Estadio Gregorio Pérez Rivera.
Poderán participar atletas das categorías benxamín ata veteráns. As inscripcións faranse a través do sistema online da web da RFEA ata as 22:00 horas do martes anterior á celebración das probas.
Compre destacar unha das probas míticas destas datas, proba organizada polo Club de Atletismo San Pablo de Sevilla. O Medio Maratón de Sevilla, a 23ª edición, que se celebrará o día 28 de xaneiro, podendo participar toda aquela persona que teña cumpridos 18 anos en dita data. O circuito ten unha lonxitude de 21.097 metros, homologada pola Real Federación Española de Atletismo. A saida atopase situada na Avda. Carlos III e a meta no Estadio de la Cartuja.
Sorry, the comment form is closed at this time.