Os atletas máster ourensans PROTAGONISTAS.

Os atletas máster ourensans PROTAGONISTAS.

Disputouse nunha xornada histórica o  Campionato de Galicia Máster de Pista Cuberta.  Nesta competición acadaronse novos récords autonómicos, tanto nos lanzamentos onde o protagonista sería Julio Fernández  na categoría M-75 cun lanzamento de 8,14 mts, no peso 4 kgs.  Destacar tamén no sector de velocidade a Enrique Iglesias na categoría M-70 que acadaba un novo récord nos 60 m.l. cun tempo de 11.19. Logrou  tamén ser 1º nos 200 mts na categoría M70.

A participación do noso club poría o broche de ouro da man de Emilia Mesa. Durante a competición recibiría unha placa de recoñocemento ás máis de 100 medallas de ouro acadadas en Campionatos de Galicia e mesmo número en Campionatos de España. No concurso de lanzamento de peso 3 kgs, batiría o récord nacional cun lanzamento de 9,46 mts. Distancia que supón un novo e definitivo récord de España na categoría W-65, rexistro que dende o ano 2008 estaba vixente.  Destacar tamén o 1º posto na proba dos 60 mts na categoría MW65, cun tempo de 10.17.

Destacamos tamén o papel desenvolto nas diversas probas onde tivemos podium. Na proba dos 1.500 mts Rubén Diz sería 1º cun tempo de 04:17.57, Cristina Colomo 1ª nos 200 mts cun tempo de 38.22,  e 1ª nos 400 mts cun tempo de  01:24.39 e 2ª nos 800 mts na categoría M55F cun tempo de 03:20.10, Silvia Teijeiro era 1ª nos 1.500 cun tempo de 05:43.03, Mª Nuria Valencia 1ª no lanzamento 4 kg cunha marca de 9.30 mts. Mercedes Valencia sería a sua vez 1ª nos 3.000 mts categoría M50F cun tempo de 12:44.44. Segundos postos eran para José Pablo Lorenzo nos  200 mts cun tempo de 26.20 e para Daniel Valentín na proba de 3.000 mts cun tempo de 10:11.80. E Carlos Caporale sería 3º nos 400 mts cun tempo de 59.84. José L. Rey sería tamén 3º na categoría M65 na proba dos 800 mts cun tempo de 03:04.36.

O balance final serían 16 metais para o noso club, 11 ouros, 3 pratas, 2 bronce.

Medallero  Récord Batidos  Resultados

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.