Competicións do próximo Fin de Semana.

Competicións do próximo Fin de Semana.

Empezamos esta semana, xa coas probas de cross para os máis pequenos. Desta volta celebrarase a Fase Final Comarcal do programa da Xunta, «Xogade». 

Clasificaranse para desputar a Fase Provincial, OS DOUS MELLORES EQUIPOS das distintas categorías. Ademáis, clasificaranse os OITO PRIMEIROS/AS ATLETAS de cada categoría, sempre e cando non sexan dalgún dos equipos xa clasificados.(En ningún caso se correrá o posto de invitado os atletas que chegaran a partir do 8º clasificado).
 
 
 

 Obligatorio presentarse con la equipación del club,así como llevar el D.N.I.

Habrá un servicio de autobús con salida del pabellón sobre las 10:00 y con regreso al término del evento 13:30 h. aprox.

 
 

A Federación Galega de Atletismo a través da súa Delegación en Lugo, organiza co patrocinio da Deputación de Lugo e coa colaboración do Excmo Concello de Lugo a 1ªXornada da Copa Deputación de Lugo en pista cuberta, o sábado 20 de xaneiro, en xornada de mañá e tarde, no Estadio Gregorio Pérez Rivera. As probas son para atletas de categoría benxamín ata veteráns. As inscripcións faranse a través do sistema online da web da RFEA ata as 22:00 horas do martes anterior á celebración das probas.

 
 
Xa na xornada do domingo 21 de xaneiro, destacamos catro probas do calendario de competicións.
 
 
A primeira das probas será a que organiza a F.G.A é o Campionato de Galicia Promesa/Sub23 de Pista Cuberta e o Campionato de Galicia de 1500 e 3000 de Xuvenil/Sub18 e Junior/Sub20 de Pista Cuberta terá lugar no Pazo de Deportes de Riazor na Coruña. As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata o martes 16 de xaneiro. Cumpre ter en conta que se desputará en doble xornada de mañá e tarde e ademais na categoría xuvenil só poderán inscribirse en unha das probas programadas (ou na proba de 1500 ou na de 3000).
 
 
A segunda das probas será en terras olívicas, trátase da II Xornada do III Circuito Concello de Vigo de atletismo en Pista – Series Municipais. Organizada pola Agrupación Viguesa de Atletismo, co patrocinio da Concelleria de Deportes do Concello de Vigo, a celebrar nas pistas de Balaidos, o 21 de Xaneiro de 2018, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo. Serán probas en horario de mañá e as inscripcions realizaranse a través do sistema on-line na web da RFEA ata as 20:00 horas do xoves 18 de Xaneiro.
 
 
A terceira das probas será a organizada polo Club Atletismo Lourenzá, falamos do “II Cros Comarcal da Mariña Lucense”, concretamente nas inmediacións do campo de fútbol da devandita localidade. Proba Oficial da FGA, con distancia non homologada. Poderán participar todos aqueles atletas federados e non federados, nacidos no ano 2002 e anteriores.  As inscripcions rematan ata a o 17 de xaneiro do 2018 ás 20:00 horas, e  realizaranse a través da web da Federación Galega de Atletismo, www.carreirasgalegas.com, cun custo de 6 euros.
 
 
A derradeira das probas destacadas tratase do XVIII Cross Popular do Concello de Boborás. As inscripcións faranse na páxina web www.championchipnorte.com, e antes do día 17 de xaneiro ás 15.00 horas. O percorrido total será de 7400 metros, os cales estarán sinalizados e controlados pola organización, diminuíndo esta distancia segundo as categorías establecidas SUB14, SUB 16, SUB 18 E SUB 20 ( 4500) e SUB 10, SUB12(1500).
 
 
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.