Competicions Atleticas desta Fin de Semana.

Competicions Atleticas desta Fin de Semana.

Unha vez máis a pista de atletismo de Expourense, será o lugar escollido para desenrolar a XIV Copa de Clubs de Pista Cuberta. Ainda que o noso club non participa nesta competición, pode ser unha excelente oportunidade para contemplar os avances dos diferentes clubes e dos seus atletas, con quenes seguro en algún que outro momento nos teremos que enfrentar.
 
 
 
 
Outra das opcións pode ser a que organiza a Agrupación Viguesa de Atletismo, co patrocinio da Concelleria de Deportes do Concello de Vigo, organiza o Terceiro Circuito Concello de Vigo de Atletismo en Pista – Series Municipais, a desenrrolarse nas pistas do Estadio Municipal de Atletismo de Balaidos, ó longo de seis xornadas desenvolvidas na tempada 2017/2018. Tratarase de dúas xornadas correspondentes a tempada de inverno, con probas do programa de pista cuberta e tres xornadas con probas do programa de aire libre, con datas a determinar, en función do calendario oficial de probas da Federación. As inscripcións realizaranse a través do sistema on-line na web da RFEA ata as 20:00 horas do xoves 4 de Xaneiro. Son probas nesta primeira xornada para as categorías sub-16 en adiante.
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.