Próximas Citas Atléticas Navideñas.

Próximas Citas Atléticas Navideñas.

Dándolle continuidade a esta fenomenal pista que temos na cidade,  a Delegación da F.G.A en Ourense organizará a I Copa de Galicia de Clubs Máster en Pista Cuberta o día 23 de Decembro, na pista cuberta deExpourense. Poderán intervir un total de 6 clubs, masculinos e femininos, que sairán dos seis clubs, masculino e feminino, que mellor puntuación obteñan. Noso club tomará parte nesta competición, como dato de gran importancia, xa que ademais de sela primeira vez que se disputa esta competición, clasificámonos para a mesma por estadillo. 

 
 
 
O Concello de Ribadavia coa colaboración do Club Deportivo Aurum e daDelegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo organiza a IV Carreira Popular de Ribadavia, que se celebrará o sábado 23 de decembro. A saída estará situada na Praza Maior de Ribadavia e a carreira discorrerá por diferentes rúas da vila. O prazo para a inscrición é ata as 20:00 horas do mércores 20 de decembro e a carreira será en xornada de tarde.
 
 
O Grupo Celta Atletismo, co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Pontevedra, Abanca,Patrocinadores e a participación da Federación Galega de Atletismo e o Comité Galego de Xuíces,organizará no mes de decembro o“III TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO” . Terá lugar o vindeiro sábado 23 de decembro a partires das 10:00 horas na Pista Municipal de Atletismo de Balaidos (Vigo). O prazo de inscrición rematará o mércores 20 de decembro ás 20.00 horas. Serán probas para categorías menores.
 
 
Xa o domingo as probas que se disputaran son:
 
A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, xunto cos clubs de atletismo da delegación en Vigo da FGA, ca colaboración do Concello de Vigo, organiza o 56º GRAN PREMIO PEDESTRE DO NADAL, a disputar o 24 de decembro en Vigo, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces. As carreiras disputaranse no circuíto urbano da Praza de Compostela e arredores e serán en horario de mañá.
 
 
 
Valdemove Valdeorras, O Club ADAS O Barco e o Concello de A Rúa en colaboración A Delegación da F.G.A en Valdeorras organizana VIª Carreira e Andaina Popular do Nadal, que se desenrolará o vindeiro 24 de Decembro,en A Rúa de Valdeorras. Proba oficial da F.G.A, proba con distancia non homologada. O circuíto consta dunha volta de 8.000 mts. para a carreira, as inscricións dos cativos Prebenxamín, Benxamín(Sub 10), Alevín(Sub 12), Infantil(Sub 14) e Cadete(Sub 16), faranse ata 30 minutos antes do inicio das probas, sendo esta inscrición gratuíta tanto para a andaina como para as carreiras. As carreiras de menores pertencen a fase previa do programa XOGADE do campo a través da zona deValdeorras.
 
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.