VI Liga Galega de Inverno Categorías de Menores ABANCA – Fase Final.

VI Liga Galega de Inverno Categorías de Menores ABANCA – Fase Final.

Espectacular, deste xeito foi a posta de largo do noso deporte na nosa cidade. Era un dos momentos máis agardados pola historia do atletismo galego e por fín faríase realidade. Logo de moitos anos de reivindicacións, un dos maís anhelados soños do noso deporte cumpriase coa inauguración da nova pista cuberta instalada no recinto feiral Expourense.

Coincidian duas probas atléticas nesta pasada fin de semana no mesmo recinto. A Fase Final da VI Liga ABANCA para os clubs clasificados da previa desenvolta o pasado día 18 de novembro nas diversas sedes de O Barco de Valdeorras, Pontevedra e Santiago de Compostela; e o Trofeo Inaugural de Pista Cuberta.

Nesta primeira proba e coma ven sendo habitual a tónica dominante caracterizaríase pola numerosísima participación.En canto a resultados suliñar que desta volta os resultados acadados veñen a demostrar unha vez  máis o fenomenal traballo que estamos a desenrolar dende a base no noso clube.

Fomos o mellor equipo sen dubida, acadando dous primeiros postos na categoría infantil e alevín mulleres, dous segundos postos infantil e alevín homes e un terceiro nos benxamín homes.  Destacar a victoria na benxamín masculina para o  ADAS-Proinor, equipo compañeiro da nosa provincia. O resto de podiums estarían repartidos entre a Gimnástica e Millaraio, gañadores masculinos na alevín e infantil respectivamente así como o Vila de Cangas que faría o propio na benxamín feminina.

Podium equipos Fase Final VI Liga ABANCA:

Benxamín Homes: 1º ADAS-Proinor. 2º Fontes do SAR. 3º Ourense Atletismo.

Benxamín Mulleres: 1ª A.Vila de Cangas. 2ª Atletismo Narón. 3ª ADAS-Proinor.

Alevín Homes: 1º S.Gimnástica de Pontevedra. 2º Ourense Atletismo. 3º ADAS-Proinor 

Alevín Feminino: 1ª Ourense Atletismo. 2ª Marineda Atlético. 3ª A. Vila de Cangas

Infantil Homes: 1º Millaraio. 2º Ourense Atletismo.  3º ADAS-Proinor. 

Infantil Mulleres: 1ª Ourense Atletismo. 2ª ADAS-Proinor. 3ª A.Vila de Cangas.

 

 

 

Por récords del RÉCORD del CLUB debemos mencionar:

Na categoría benxamin a Iria Solera quen o fixo nos 1.000 mts cunha marca de 03:38.76 e no salto de altura con 1.26 mts, Lara Vázquez nos 500 mts con 01:45.72 e a Hugo Fdez na altura cun salto de 0.98 mts.

Nos alevins os récords batidos serian Daniel Movilla no salto de altura 1.29 mts, Miguel Carbajales batía a sua propia marca persoal e récord do club nos 1.000 mts con una marca de 03:28.37. 

Nos infantiles destacar a Mar Díaz que batía e acadaba a  sua mellor marca personal ao parar o crono dos 1.000 mts en 03:23.83, Mara Ruiz nos 60 m. vallas pulverizaba cun crono de 11.84 un dos récords máis destacados xa que estaba en vigor dende o ano 2010 e Manuela Blanco na pértiga saltaba 1.70 mts igualando a sua marca acadaba na pista ao aire libre.

Por último e en cuanto a actuación dos nosos equipos destacamos o éxito aplastante do equipo infantil femenino pese a ser descalificados na proba dos relevos o que nos restaría puntos, situabamonos no máis alto do podium cunha moi holgada diferencia con respecto ao segundo equipo. Destacar a sua vez o equipo alevín masculino onde o traballo en conxunto nos legaba ata a 2ª posición no caixón a tan so 1 punto do primeiro equipo clasificado; así coma o equipo benxamín femenino que quedaría na 4ª posición a 4 puntos do 3º equipo clasificado. 

Felicidades a todollos atletas polo seu esforzo e animalos a perservar para acadar futuros triunfos.

Noutro orden de cousas referindonos o Trofeo Inaugural de Pista Cuberta destacar o alto nivel acadado con figuras do atletismo que xa compiten tanto a nivel nacional coma internacional.  Estivemos representados por Whitney Rodriguez 3ª senior con un tiempo de 2:46.43 en la prueba de los 800 mts, por Martin Rivera cadete 8º con un tiempo de  2:56.37 en los 1.000 mts y en el Peso (4 kg) por Ainhoa Prieto 2ª juvenil alcanzado una distancia de 7.41 mts.

 

Fotos Alberto Díaz jornadaTarde Fotos Alberto Díaz jornada Mañana  Fotos Alberto Díaz Trofeo  Fotos Oscar del Campo  Resultados Benjamín Resultados Alevín Resultados Infantil Resultados Trofeo Inaugural

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.