XVI Carreira Pedestre do Nadal San Cibrao das Viñas – Campionato Provincial 10 Km. en Ruta

XVI Carreira Pedestre do Nadal San Cibrao das Viñas – Campionato Provincial 10 Km. en Ruta

Xa o domingo será o turno da disputa do Campionato provincial de 10 km en ruta. Terá lugar na localidade de Ponte Noalla, no concello de San Cibrao das Viñas, coincidindo coa disputa da XVI Carreira Pedreste do Nadal. A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono  de San Cibrao das Viñas.
 A carreira de adultos estará limitada a 500 participantes namentres que a carreira de escolares estará limitada a 100 participantes.  O prazo de inscripción remata o martes 12 de decembro.
No Campionato provincial de 10 km en ruta, só poderán participar os atletas con licenza federativa, nacional ou autonómica, en vigor para a tempada 2017–2018 tramitada pola Delegación Ourensana, que pertenzan a un Clube Ourensán ou que naceran na provincia de Ourense (debendo acreditar estes últimos posuír licenza federativa, nacional ou autonómica, en vigor para a tempada en curso).
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.