CARREIRA DA PONTE. VII CIRCUíTO DE CARREIRAS POPULARES CORRENDO POR OURENSE

CARREIRA DA PONTE. VII CIRCUíTO DE CARREIRAS POPULARES CORRENDO POR OURENSE

O circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense ten unha nova cita este domingo, 24 de setembro, coa disputa da carreira do Barrio da Ponte.

Esta proba este ano farase baixo o lema “Oportunidades Galicia, Corre pola Reciclaxe”  campaña que promoven Ecoembes, a Consellería de Medio Ambiente e Sogama, para fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuo a través da correcta separación e reciclaxe.

A carreira da Ponte é a quinta do circuíto de probas populares Correndo por Ourense que organiza o Consello Municipal de Deportes coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Deportivo Aurum, o Club Ourense Atletismo.

As probas comenzan desde as 12,00 horas e comenzan coas carreiras nas categorías de Pitufos, Benxamín-Alevín e Infantil- Cadete. Seguidamente seran as probas, nas categorías de xuvenil, xunior, promesa, senior e veterán que sairan ás 12,30 horas da rúa Francisca Herrera fronte  o 12 de Outubro e percorrerá Avenida de Santiago, Basilio Álvarez (ida e volta), Avenida das Caldas, Jose .Antonio Moretón, Ribeiriño, Av. Caldas, Mercado, Rosalía de Castro, e Vicente Risco (ata a rotonda e volta ata a meta). Serán 3 voltas ao circuíto ata completar un treito total de 5.700 metros.

Inscripciones

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.