Novas Probas esta Semana

Novas Probas esta Semana

A Federación Galega de Atletismo organiza a 2ª XORNADA da Copa Deputación de Lugo en pista, o martes 20 de xuño, en xornada de tarde, no Estadio Gregorio Pérez Rivera. As inscripcións faranse a través do sistema online da web da RFEA ata as 22:00 horas do domingo anterior á celebración das probas. 
 
 
 
 
O Club Atletismo Riazor Coruña e o Concello de A Coruña coa colaboración da FGA. organizarán o próximo 21 de Xuño nas pistas universitarias Inef Galicia a IV Xornada do circuito Coruña Corre.  As inscripcións pecharasen ás 23:59 d0 luns 19 de Xuño, só se poden facer on line na páxina da RFEA. Serán probas en horario de tarde. 
 
 
 

O vindeiro sábado 24 de Xuño disputarase unha nova edición de popular Carreira Nocturan de Celanova, nesta ocasión será o XIV. Terá a saída e chegada na Plaza maior desta localidade. As inscripcións pódense facer ata o 22 de Xuño ás 22:00h. As categorías menores comenzaran a proba orredor das 20:30 horas e a carreira absoluta terá lugar as 22:30 horas onde faran un percorrido de 7.8 km aprox.

 
 
 

A Fundación LADESOL organiza a III Carreira Solidaria LADESOL “Corro por tu sueño” o 25 de Xuño na localidade de Vilagarcía de Arousa; baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, a través da súa delegación en Pontevedra.

A saída das carreiras será dende Avenida da Mariña diante do auditorio. A data límite para inscribirse on-line será o 21 de Xuño.
 
 
 
 
O domingo, día 25 de Xuño, en plenas festas de Ourense, disputarase unha das carreiras que forman parte do circuito de carreiras do Correndo por Ourense 2017 . Desta vez faremos o percorrido polo centro da cidade a partir das 12 da mañá, daran a saída as carreiras de menores para rematar coa saida da carreira dos maiores sobre as 12:30, e onde deberan percorrer a distancia maís pequena de todo o circuito 5.600 mts. . Estas probas pertencen ó calendario da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación deOurense). É preciso participar en 5 carreiras para entrar na clasificación xeral ou, en caso de participar en todas, desestimarase o peor resultado.
 
 
 
 
 
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.