MILLA SOLIDARIA OURENSE 2017

MILLA SOLIDARIA OURENSE 2017

Sublime Deporte y Cultura S.L., coa colaboración do Club Deportivo Aurum, o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense e coa autorización da Federación Galega de Atletismo, organiza a Ourense Milla Solidaria 2017, que se celebrará en Ourense o domingo, 30 de abril de 2017. Ourense Milla Solidaria 2017 é unha carreira pedestre de carácter popular e solidario. O recadado en concepto de inscricións será doado integramente á “Asociación Española Contra el Cáncer”. Ourense Milla Solidaria 2017 desenvolverase na rúa do Paseo de Ourense, no tramo comprendido entre a rúa Concordia e o Parque de San Lázaro, nun circuíto homologado pola RFEA no que 4 voltas completarán a distancia dunha milla,1.609,34 m. O número de voltas e distancia a percorrer adaptaranse segundo acategoría.
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.