Competicions Fin de Semana

Competicions Fin de Semana

Esta fin de semana múltiples probas salpican o noso calendario. En concreto o sábado e domingo, Lugo dará acollida ó Campionato de Galicia de Probas Combinadas para as categorías Cadete, Veteranos e de Clubs simultaneándose todo elo, cunhas probas de control organizadas pola Delegación.

Horario Control Marcas     Inscritos Módulo Cuberto   Inscritos Control Aire Libre   Horario Pruebas Combinadas   Inscritos Pruebas Combinadas  Horario Heptathlon/Pentathlon  Inscritos Heptathlon/ Pentathlon

A Rúa será o outro punto importante ca celebración o domingo do Campionato de Galicia de Campo a través para veteranos que darán comezo as 12.00 horas celebrándose no mesmo circuito o Campionato Provincial Escolar XOGADE e o  II Cross da Rúa integrante do Circuito Galego de especialidade.

A trixésima primeira edición do Campionato de Galicia de Cross de veteranos terá o seu esceario o domingo dia 15 de xaneiro na área recreativa do Aguillón, ubicada no Concello de A Rúa e contando  ca organización da Delegación da F.G.A.  en O Barco e a do Club ADAS-Proinor. As probas darán comezo as 12.00 horas ca saida da primeira carreira (M-60 homes) para rematar en torno as 14.15 horas do serán ca entrega de trofeos.

   Horario Campeonato Gallego  Inscritos Cpto Gallego  IX Cross Reis   Inscritos Cpto. Provincial

Por mor do número de atletas inscritos no Campionato de Galicia de Combinadas, e a intención de facer o Lanzamento de Peso no módulo cuberto, suspéndense os concursos de Pértega e de Triplo feminino programados para as probas do Control de Marcas do domingo.

Estas probas faranse o vindeiro sábado no Campionato Galego de velocidade Os atletas anotados no control suspendido, quedan automaticamente inscritos para o proximo dia 21

Nuevo Horario

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.