TRES PODIOS NOS GALEGOS DE CLUBS SUB10 E SUB12

En categoría sub10 participamos co equipo masculino, onde acadamos a segunda posición con 24 puntos, a só un do gañador, o ADAS Cupa do Barco.

Os postos entre os tres pimeiros foron os seguintes:

– Altura: Saúl Carril Fernández, 1.º, 1,24 m
– 1.000 m: Martín Valencia López, 1.º, 3:31.87
– 500 m: Marcel André Cortes Reol, 1.º, 1:41.86
– 50 m: Jose Diéguez Cerqueira, 1.º, 8,79 s
– Lanzamento de pelota: Luca Mazaira Lorenzo, 3.º, 29,05 m
– 4 × 50 m: Sanysec–Club Ourense Atletismo, 2.º 33,16 s

En sub12 entramos por partida dobre no podio ao rematar os nenos en segunda posición con 36 puntos e as nenas en terceira con 57.5. Os nenos quedaron a un só punto do primeiro posto ocupado polo Narón e en categoría feminina a medio punto do segundo posto que ocupou o ADAS CUPA.

Os resultados individuais entre as tres primeiras prazas foron os seguintes:

– Lonxitude masculina: Maeloc Barreiro Soto, 2.º, 4,10 m
– 1.000 m masculino: Alejandro Cid Gil, 2.º, 3:35.77
– 500 m masculino. Álex Cid Fernández, 1.º, 1:29.83
– Lanzamento de pelota masculino: Francisco Carballo González, 3.º, 26,42 m (MMP)
– 60 m masculino: Martín Gómez Alonso, 2.º, 9,23 s
– Lonxitude feminina: Ada Cecilia Outeiriño Santos-Ascarza, 1.ª, 4,19 m
– Altura feminina: Olivia Currás Conde, 2.ª, 1,32 m (MMT)
– 60 m feminino: Carla Rebollo Rial, 3.ª, 9,25 s
– 4 × 60 m masculino: segundo posto, con 35,16 s (MMP)
– 4 × 60 m feminino: primeiro posto, con 36,25 s (MMP)

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

XIII CTO. XUNTA DE GALICIA DE CLUBS SUB 10

XIII CTO. XUNTA DE GALICIA DE CLUBS SUB 12

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.