AITANA, SABELA E NOA COMPITEN NO EUROPEO SUB18

Aitana Capeáns, Sabela Castelo e Noa Lópezparticiparon no Campionato de Europa Sub18 disputado en Rieti (Italia).

Aitana Capeáns quen remataba na 12ª posición na final de lanzamento de peso, despois de establecer previamente un novo récord galego Sub18 con 15,69 metros, marca que lle abriu as portas da final europea e a situou entre as mellores españolas da historia da categoría.

Sabela Castelo viuse afectada por unha infección vírica e rematou finalmente na 12ª posición na final dos 3.000 metros cunha marca de 9:48.52.

Noa López participou no lanzamento de martelo na súa primeira internacionalidade. O seu mellor lanzamento de 59.03 valeulle para acadar a décima posición no seu grupo, sen pasar á final.

Podes consultar os resultados en directo na seguinte ligazón:

Campionato de Europa Sub18

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.