07 Jul OS NOSOS ATLETAS REPRESENTAN Á SELECCIÓN GALEGA
Na fin de semana do 27 e 28 de xuño disputáronse os Campionatos de España por Federacións tanto na categoría absoluta como en sub18. En ambos campionato tivemos representación do Sanysec – Ourense Atletismo.
No campionato absoluto participaron Iria Solera en altura, quen rematou en sexta posición con 1.73, Miguel Carbajales en pértega, conseguindo a sétima posición con 4.90 metros, a súa mellor marca, e Blanca Pereira en martelo, quen foi segunda con 61.35.
Na categoría sub18 participaron Claudia Pérez nos 3.000 metros, rematando en 15ª posición con 11:14.08, Irma Veiguela nos 1.500 metros, cuxos 2:09.69 valéronlle para gañar a proba, Rebeca Fernández en pértega, oitava con 2.95, Aitana Capeáns en disco, segunda con 39.45, e Javier Cid en martelo,segundo con 61.88.
Ambas seleccións remataron na sexta praza.
Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:
Campeonato de España sub-18 por Federaciones Autonómicas

Sorry, the comment form is closed at this time.