SANYSEC – OURENSE ATLETISMO OCUPA A NOVENA PRAZA NO GALEGO DE CLUBS SUB14

O Sanysec – Ourense Atletismo rematou na novena posición no Campionato Galego de Clubs Sub14 en pista ao aire libre. A puntuación final foi de 139 puntos.

A maior cantidade de puntos chegou cos terceiros postos de Xiana Bermejo, bronce nos 220 valos con 37.38, e do relevo 4×80, que tamén ocupou a terceira praza cun tempor de 47.61. Este relevo estivo composto polas atletas Luz Daniela Rodríguez, Marta Domínguez, Eva López e Xiana Bermejo.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

XIII CTO. XUNTA DE GALICIA DE CLUBS SUB 14

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.