09 Jun OS SUB14 COMPITEN NO BARCO
Os nosos atletas de categoría sub14 competiron no Barco de Valdeorras no Campionato Galego Sub14.
Malia que non se obtivo ningunha medalla, os resultados foron positivos:
Nicolás Valencia foi 14º nos 220 valos con 39.83 segundos e 4º na pértega con 1.80 metros.
Miguel Martínez foi 18º nos 500 con 1:47.34.
Marta Domínguez foi 22ª nos 80 con 11.74 segundos e 27ª no 150 con 22.80.
Victoria Parra 27ª nos 80 con 11.93 e 25ª no 150 con 22.66.
Emma Fernández 29ª nos 80 con 11.99 e 14ª nos 1.000 obstáculos con 4:36.79.
Noa Calleja 33ª nos 80 con 12.11 e 21ª nos 220 valos con 41.66.
Eva López 35ª nos 80 con 12.13 e 20ª no 500 con 1:38.77.
Xiana Bermejo 12ª nos 80 valos con 15.23 e 11ª nos 220 valos con 37.73.
Relevo 4×80 feminino 12º con 46.71.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Sorry, the comment form is closed at this time.