SANYSEC – OURENSE ATLETISMO SEGUE PROGRESANDO CO EQUIPO MASCULINO

A cuarta posición do Sanysec – Ourense Atletismo no grupo B1 da Segunda División é un novo logro co que o club continúa coa súa progresión co equipo masculino na liga estatal. A mellora da puntuación por táboa IAAF foi de case 1.000 puntos respecto ao ano pasado malia ter que deixar os 3.000 obstáculos ao descuberto polas baixas.

Con 13349 puntos, rematamos en cuarta posición no noso grupo, por detrás do Club Atletismo Sada (13779) e por diante do Universidad León Sprint Atletismo (13341). O vencedor do encontro foi o Marineda con 14076 puntos.

Entre os tres primeiros da súa proba remataron

Primeira posición:

Miguel Carbajales en pértega con 4.56
Daniel Villanueva en martelo con 50.15
Nicolás Collazo (do filial Ames) no 5.000 marcha con 20:28.97

Segunda posición:

Raúl Gude en lonxitude con 6.52
4×400 con 3:22.83. Formado por Iago SacoJoel AbesoJavier TrilloMartín Míguez

Terceira posición:

Joel Abeso nos 200 lisos con 22.28
Iago Saco nos 400 con 50.76
Mario Lorenzo nos 1.500 con 4:07.27
Brais Rey (do filial A Estrada) nos 3.000 lisos con 8:59.57

A falta da clasificación oficial, é de esperar que rematemos en 17ª posición da Segunda Divisón, unha mellora de once posicións respecto á tempada pasada.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Cto España Clubes 2ª División Hombres – Final B1

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.