11 May MANUELA BLANCO CAMPIOA DE ESPAÑA UNIVERSITARIA
Gran actuación dos atletas no Sanysec – Ourense Atletismo no Campionato de España Universitario onde o resultado máis destacado foi a vitoria de Manuela Blanco ao conseguir a vitoria en pértega.
Manuela venceu o seu campionato cun concurso impoluto ata o 3.90 onde fixo os tres nulos. A marca de 3.80 valeulle para conquistar o ouro.
África Carrasco foi a sétima clasificada nos 5.000 marcha cun tempo de 24:35.72.
Daniel Villanueva quedou en 12ª posición con 49.48 no seu segundo intento. Cun primeiro lanzamento de 48.19 e un terceiro nulo, a súa marca non foi suficiente para pasar á mellora.
Leyla Villar rematou en sétima posición con 4:47.05 na súa semifinal dos 1.500 metros, nunha serie moi rápida, onde todas as participantes correron máis rápido que na segunda das series. Clasificábanse para a final as seis primeiras prazas de cada serie.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Sorry, the comment form is closed at this time.