17 Mar DÚAS MEDALLAS NO NACIONAL SUB18
O Campionato de España sub18 celebrado en Antequera deixou moi bos resultados para o Sanysec – Ourense Atletismo.
Aitana Capeáns foi a única participante capaz de superar a barreira dos 14 metros e, no seu quinto intento, enviou o peso ata os 14.79 metros, unha marca que supón récord do campionato e que a coloca como clara líder do ranking nacional da especialidade.
Sabela Castelo venceu nos 3.000 metros cun tempo de 9:51.82, superando á castellonense Naia Portoles e á burgalesa Alejandra Ortuño.
No 1.500 tivemos as participacións de Mario Lorenzo, sétimo da súa semifinal con 4:16.87, sendo 28º na clasificación xeral, de Usúe Bernárdez, novena na súa semifinal con 4:57.04 e 20ª xeral, e de Claudia Pérez , décima na súa semifinal con 5:03.85 e 30ª xeral.
Rebeca Fernández non puido coa altura inicial de 3.00 no salto con pértega.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Sorry, the comment form is closed at this time.