MÁS RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

Se ben o Campionato Galego Absoluto centrou a actividade atlética galega, o Sanysec – Ourense Atletismo tivo presenza en máis campionatos ao redor da xeografía española.

No Campionato de España de Marcha sub-20 por Federaciones AutonómicasÁfrica Carrasco foi a terceira cun tempo de 50:40 nos 10 km. Representou á selección de Andalucía, que tamén foi terceira.

En Madrid disputouse o Campionato de Madrid Absoluto de Pista Curta e alí Daniela Rubio foi prata na altura con 1.70. Tamén foi quinta en triplo salto con 12.18, quedando a dez centímetros da medalla de bronce.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

Campeonato de España de Marcha sub-20 y sub-16 por Federaciones Autonómicas

Campeonato de Madrid Absoluto PC

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.