CAMPIOAS GALEGAS EN COMBINADAS

O Ourense Atletismo en mulleres con 9.595 puntos proclamouse campión galego de clubs na modalidade de combinadas na edición baixo teito que se estivo desenvolvendo en Expourense.

Andrea Reija conseguiu 3.806 p. que supoñen un novo récord galego absoluto. A estes puntos houbo que sumar os acadados por Iria Solera (3311 p.) e Rocío Marín (2478 p.).  Con esta actuación escalamos do cuarto posto do ano pasado ao título presente.

Xunto aos equipos gañadores, ocuparon postos de podio o Celta Atletismo con 9.131 p. e o Atletismo Sada con 8.448 puntos na feminina.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campionato Xunta de Galicia de Probas Combinadas Clubs en Pista Curta – Criterium de Combinadas de Inverno 2025

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.