24 Nov BRONCE DO OURENSE ATLETISMO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CROS
O equipo sub18 logrou o bronce no Campionato de España de Cros pro equipos celebrado con motivo do Cros de Atapuerca. O equipo conseguiu o bronce na distancia de 3.895 metros grazas á vitoria de Sabela Castelo con 13:58, o 15º de Naroa Pereira con 14:52, o 40º de Susana Padrón con 15:30, o 57º de Irme Veiguela con 15:54 e o 79º de Aloia Sabucedo con 16:13. Eliminando ás competidoras fóra de concurso e sumando os catro mellores postos, os 90 puntos serviron para acadar a terceira praza tras o CA Safor-Teika (74 puntos) e por diante da SG Pontevedra (113 puntos).
A nivel individual participaron tamén Usúe Bernández na carreira sub16, quen rematou 13ª con 10:59 nunha distancia de 2.879 metros; Mario Lorenzo nos 3.895 metros dos sub18 foi 64º con 13:12, Leyla Villar en sub20 (mesma distancia que os sub18) foi 51ª con 15:34, e Begoña Domínguez na carreira absoluta de 6.821 foi a 104ª con 27:45.
É o primeiro trofeo que consigue o club nun campionato de España, posto que o mellor resultado fora a carta praza obtida polo club júnior feminino na tempada 2006-2007.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
XXI Cross Internacional de Atapuerca -Campeonato de España Clubes Campo a Través

Sorry, the comment form is closed at this time.