DOUS RÉCORDS GALEGOS NO AUTONÓMICO DE MILLA

Fantástico resultado do Sanysec – Ourense Atletismo no Campionato Galego de Milla en Ruta ao conseguir un total de tres medallas e dous récords galegos veteráns nas súas participacións.

Saturnino González, cun tempo de 05:26 foi o gañador máster 60 e marcou un dos récords galegos.

Fernando Ojea foi o 5º máster 55 con 05:42.

Leyla Villar rematou en segunda posición sub23, sendo a 6ª absoluta, cun tempo de 5:22.

Begoña Domínguez gañou a carreira de máster 40 e estableceu o récord galego da súa categoría con 2:25, sendo a 7ª clasificada absoluta.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.