SATURNINO GONZÁLEZ, CAMPIÓN GALEGO DE 10.000

Celebrouse en Cervo o Campionato de Galicia Absoluto – Máster – Sub23 de 10.000 e Sub20 – Sub18 de 5.000. Participou polo noso club Saturnino González Novoa, proclamándose campión galego de 10.000 en categoría máster 60.

Saturnino venceu na súa serie cunha marca de 36:59.52. Xuntando tódalas series foi 12º absoluto.

Outro novo campionato galego para un atleta cunha ampla traxectoria e con tres récords galegos máster vixentes.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

CTO. DE GALICIA – 10.000 ABS, SUB 23, MASTER – 5.000 SUB 18 E SUB 20

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.