UNHA MEDALLA NO GALEGO SUB14

O último campionato galego da pista curta celebrouse cun resultado para o Sanysec – Ourense Atletismo mellor do que vendo o medalleiro podería parecer. A única medalla chegou por parte de Nicolás Valencia grazas ao seu bronce en pértega con 2.10 de marca.

Participaron tamén, en homes, Miguel Martínez nos 60 lisos, Dáviz Lobelle nos 500 e na altura, onde tamén participou Nicolás Valencia. En mulleres participaron Marta Domínguez nos 60 lisos, xunto con Victoria ParraEmma FernándezNoa Salgado, Eva López e Auria Gómez no 500, no 1.000 estivo Emma Fernández, nos 60 valos Xiana Bermejo e no peso Victoria Parra.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campionato Xunta de Galicia sub-14 PC

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.