SANYSEC – CLUB OURENSE ATLETISMO NO GALEGO MÁSTER DE CLUBS

Sanysec – Club Ourense Atletismo participou no Campionato de Galicia máster de clubs en pista curta onde, cun equipo mermado polas baixas, rematou na oitava praza.

A mellor actuación foi a de Saturnino González nos 3.000 metros, quen cunha marca de 10:16.63 conseguiu un coeficiente de 91.27%, o mellor do campionato.

Destacar tamén a Miguel Ángel Álvarez «Pi» quen obtivo 5 puntos (cuarta praza) nos 1.500 metros con 4:32.39 e a Sergio Herrería en triplo, quen con 11.60 obtivo a mesma cantidade de puntos.

O resto de compoñentes foron Borja CamposJuan OuteiriñoAlejandro LópezAntonio Touza e Diego Ares.

Finalmente, oitava praza con 38 puntos, a un só punto da Purísima e un pouco máis alonxados do CA Santiago que rematou con 46.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

VIII COPA XUNTA DE GALICIA DE CLUBS MÁSTER EN PISTA CURTA 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.