04 Ene GALEGO DE CROS CARGADO DE ÉXITOS
O Campionato Galego de Cros foi todo un éxito para o Club Ourense Atletismo. Despois da medalla obtida nos campionatos de España, o campionato galego non defraudou para o noso club deixando seis medallas individuais e dous podios por equipos dos tres que presentamos.
Por equipos:
- 2º absoluto feminino
- 1º sub18 feminino
- 8º sub16 feminino
A nivel individual:
- 1ª sub18 Sabela Castelo
- 2ª sub18 Irma Veiguela
- 3ª sub20 Naroa Pereira
- 3º sub18 Mario Lorenzo
- 3ª absoluta Itziar Manso
- 3ª sub23 Leyla Villar
Aínda poideron ser máis medallas, posto que Usúe Bernárdez en sub18, e Susana Padrón en sub20, remataron na cuarta praza.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
CTO. XUNTA DE GALICIA DE CAMPO A TRAVÉS ABS – SUB23 – SUB20 – SUB18 – SUB16 – IND. E CLUBS 2026

Sorry, the comment form is closed at this time.