22 Dic OS MÁIS CATIVOS VENCEN NO TROFEO ABANCA
O Trofeo Abanca ou Campionato Galego de Pista Curta en Idade Escolar recolle os campionatos galegos sub10, sub12 e sub14. O Ourense Atletismo tivo unha importante participación e obtivo o primeiro posto cos nenos sub10.
A vitoria destes cativos foi pola mínima, cun total de 42 puntos fronte os 41 do Pinarium e os 40 do Millaraio. Quedaron en primeria posición Martín Gómez nos 50 lisos con 7.97, Maeloc Barreiro en lonxitude con 3.76 e o conxunto de 4×50 con 35.98. Terceira parza obtiveron Enzo Blanco no 500 con 1:41.02 e Alejandro Cid no 1.000 con 3:41.90. Completaron a puntuación Saúl Carril na altura sendo cuarto con 1.10 e Luca Mazaira quen foi oitavo en peso con 6.80.
En categoría sub14 os homes conseguiron a sétima posición con 39 puntos. A única vitoria foi para Marco Pereira en pértega con 2.75. Erik Moreno, do filial Xuncas, foi terceiro no triplo salto con 9.03.
As rapazas sub14 foron quintas con 51 puntos, a catro puntos do podio. As vitorias chegaron da man de Alba Quintana-Fernández en altura con 1.50 e de Naomy Jiménez en 500 con 1:28.01. En terceira posición quedaron Lucía Losada nos 1.000 metros con 3:28.45 e NinaVillar nos 2.000 con 7:28.47.
Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:
TROFEO ABANCA 2025 PISTA CURTA SUB10

Sorry, the comment form is closed at this time.