NAIA E CLAUDIA COA SELECCIÓN SUB16

Naia Bermejo Claudia Pérez participaron na cidade alicantina de La Nucía no Campionato de España por Federacións Sub16.

Ambas competiron o sábado pola tarde, sendo a primeria Naia, quen no salto con pértega quedou en quinta posición cun mellor salto de 2.77. A atleta foi a primeira do seu ano, sendo todas as atletas que quedaron por riba dela nacidas no 2010 mentres que Naia é do 2011.

Claudia Pérez competir nos 3.000 lisos onde quedou en 13ª posición cun tempo de 11:50.60. A atleta defendeuse nunha carreira táctica e conseguiu cinco puntos para Galicia.

A selección galega rematou en sétima posición nas mulleres con 203 puntos.

Podes consultar os resultaos ao completo na seguinte ligazón:

Campeonato de España de Selecciones Autonómicas Sub-16 e inclusivo en Pista

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.