17 Jun Próximas Citas.
O mércores día 20 de xuño, disputarase o XXIV Trofeo Cidade de Pontevedra XX Memorial Celso Mariño – 4ª Xornada XXXI Trofeo Froiz. Haberá probas para as categorías sub-12 en adiante. As inscricións podense facer ata as 23:59 horas do domingo 17 de xuño pola extranet da RFEA. Será en horario de tarde e terá lugar en Pontevedra (Centro Galego de Tecnificación Deportiva).

O circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense chegará este DOMINGO ao centro da cidade, coa celebración da carreira do Corpus.
O prazo remata o mércores anterior a cada carreira, e vólvese abrir o luns seguinte a cada proba.
A carreira deste domingo sairá da rúa do Paseo, e percorrerá as rúas Concello, Xoán XXIII, Progreso, Av. de Pontevedra e Lamas Carvajal, para rematar de novo no Paseo. A saída será ás 12,00h na categoría Pitufos, 12,10 (Benxamín, Alevín), e ás 12,15h (Infantil e Cadete). Ás 12,30h será a saída para Xuvenil, Junior, Promesa, Senior e Veteranos
Tras esta carreira, e o descanso habitual nos meses de xullo e agosto, o circuito volverá o día 4 de setembro, coa carreita da Zona universitaria.
O circuíto está organizado polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Ourense Atletismo, o Club Deportivo Aurum e a Asociación de Veciños Carlasca.
Sorry, the comment form is closed at this time.